HomesociedadeO Irrio Peliqueiro fiel á súa cita coa Festa dos Remedios este...

O Irrio Peliqueiro fiel á súa cita coa Festa dos Remedios este día 7 en Castro Caldelas

O IRRIO PELIQUEIRO volverá saír fiel a súa cita o 7 de setembro ás 12h dende o Barrio da Pena para guiar as Bandas, recoller as Autoridades para a Ofrenda a Patrona (no exterior do Santuario), presidir xunto a Virxe dos Remedios e mostrar o seu poder, ainda que este ano por mor da seguridade debido a pandemia non pegue "co seu vergallo" aos asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A festa celebrarase segundo sinalan desde a organización “nunha situación marcada pola COVID-19 onde a prioridade é a saúde pero tamén os sentimentos e desexos de poder honrar a nosa Patrona a Virxe dos Remedios, e dado que a situación deste Concello é de absoluta normalidade con 0 positivos desde hai tempo, decidimos celebrar diversos actos para que os veciños poidan disfrutar de xeito tranquilo.”

A Festa dos Remedios de Castro Caldelas celebrarase segundo a seguinte axenda:

7 SETEMBRO 

  • 12:00h. Pasarrúas da Banda de Vilanova dos Infantes, Os Trabazos e Airiños,  presididos polo IRRIO PELIQUEIRO. 
  • Ofrenda a Virxe dos Remedios no adro do Santuario.
  • Concerto da Banda na Pza. do Prado.
  • Contacontos para Nenos ás 19:00h no Xardín do Santuario. 
  • 22:30h. Concerto de MARÍA DO CEO na Praza do Prado (si chove no Castelo).

8 SETEMBRO

  • Pasarrúas da Banda de Ramirás.
  • 12:30h. Misa Solemne cantada polo Coro da Banda de Ramirás. 
  • Concerto da Banda na Pza. do Prado. 
  • 19:00h. Concerto da Banda no Xardín do Santuario. 
  • 22:30h. Concerto de PILI PAMPÍN na Praza do Prado (si chove no Castelo).

9 SETEMBRO

  • Pasarrúas cós Trabazos.
  • Misa cantada polo Orfeón Caldelas.
  • Concerto dos Trabazos na Praza do Prado. 
bandeiras Castro Caldelas / concello Castro Caldelas

As Bandeiriñas artesanais feitas con papel de seda e fío de cáñamo lucirán en Castro Caldelas pese a non poder celebrar esta tradición centenaria da “posta de Bandeiras” na noite do día 6. Como lembranza e apoio a esta tradición serán postas en diferentes zonas da vila pola tarde, sen música  nin bombas, nin festa nin aglomeracións. Non haberá tampouco os Fogos de Artificio desde o Castelo para evitar que se xunten os milleiros de persoas que habitualmente asisten na madrugada do día 7.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...