IniciosociedadeO colexio de Sober duplica o alumnado en 10 anos

O colexio de Sober duplica o alumnado en 10 anos

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober inicia o curso con máis alumnado dos últimos anos. Tanto é así que a cantidade de alumnos case se duplicou desde hai dez anos, comparándoo co curso 2010/2011.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O centro conta con 73 alumnos, 25 de infantil e 48 de primaria. A suba é constante ano tras ano: 66 alumnos no 2019, 67 no 2020 e 73 este ano. A este alumnado hai que sumar o da gardaría municipal que ten as súas 20 prazas para alumnado de 0 a 3 anos tamén cubertas, o que garante novo alumnado para o colexio nos próximos anos.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que dende o Concello se poñen todos os medios posibles para facilitarlle ás familias do Concello a asistencia ao centro de ensino da localidade. Así, organízanse numerosas  actividades culturais, ofrécese o servizo de conciliación e convócanse as axudas para adquisición de material escolar, entre outras.

O Concello agradece ademais a mellora das instalacións comprometida pola Xunta de Galicia, cuxas obras comezarán en outubro e suporán un investimento de 260.000 euros.

Axudas para adquisición de libros e material escolar

O Concello de Sober vén de aprobar por vez primeira as bases reguladoras para a convocatoria de axudas ás familias para a adquisición de libros de texto e de material escolar de alumnos e alumnas de educación infantil e primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

As axudas serán como máximo de 120 euros por cada filla/o que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos e dun máximo de 60 euros por cada fillo ou filla que estea cursando estudios de educación primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2021/2022.

O lugar no que hai que presentar a documentación requirida, unha vez as bases saian publicadas no BOP, é o departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal).

Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co número de teléfono 982 460 001 ou no 982 460 005 ou  visitar a páxina web do Concello de Sober.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...