HomesociedadePrimeira fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra

Primeira fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra

Despois da primeira fin de semana oficial de vendima na D.O. Ribeira Sacra recolléronse 483.709 quilos de uva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o pasado 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades na última fin de semana de agosto. Tras a primeira fin de semana oficial de vendima entraron en adega 483.709 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Godello con 211.862 quilos

O resto das variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas

  • Mencía 179.965 quilos
  • Merenzao 18.872 quilos
  • Garnacha 5.928 quilos
  • Brancellao 8.090 quilos
  • Caíno tinto 1.080 quilos
  • Tempranillo 306 quilos
  • Mouratón 90 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 265.873 kilos
  • Albariño 42.724 quilos
  • Treixadura 10.943 quilos
  • Dona Branca 2.934 quilos
  • Branco Lexítimo 578 quilos
  • Torrontés 222 quilos
  • Loureira 115 quilos

Das 97 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 39 están vendimando, 12 téñena paralizada e 2 xa remataron. 44 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...