HomesociedadeRemata a rehabilitación da estrada que une Bóveda e O Incio

Remata a rehabilitación da estrada que une Bóveda e O Incio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de rehabilitación do firme nun treito da estrada LU-644 (Rubián-Cruz do Incio), nas que investiu 285.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores o resultado dos traballos que, explicou, permitiron actuar nun tramo de 10 quilómetros entre os municipios de Bóveda e O Incio, en concreto dende o punto quilométrico 0,880 ata o 10,990.

A actuación levouse a cabo durante o último mes, con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona sur. Consistiu na mellora da capa de rodaxe mediante a execución dun microaglomerado en frío e o posterior repintado da sinalización horizontal.

Con esta intervención melloráronse as condicións de adherencia do pavimento, a visibilidade e a seguridade da vía en xeral. Neste sentido, Arias destacou que a Xunta realiza un labor constante de mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...