IniciosociedadeOutubro na Ribeira Sacra de cursos de enoturismo e viticultura sostible

Outubro na Ribeira Sacra de cursos de enoturismo e viticultura sostible

Na programación de Formación Continua e Transformación Tecnolóxica na D.O. Ribeira Sacra neste 2021 estivéronse desenvolvendo nas últimas semanas diferentes actividades formativas que se completarán con numerosas propostas de aquí a final de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seguen as catas de iniciación aos viños da D.O. Ribeira Sacra. No mes de outubro estas catas, que teñen lugar en horario de tarde, desenvolveranse nos municipios de: A Pobra do Brollón o día 7; A Teixeira o día 14; Parada de Sil o día 26 e o día 27 en Portomarín. Estas catas completaranse en novembro con citas no Saviñao e Quiroga. É necesario inscribirse ata 7 días antes de cada cata en mercedes.embajadora@gmail.com ou no 689 292 675.

Entre o 4 e o 13 de outubro e o 18 e o 25 Monforte acolle dous novos cursos de aplicador manipulador de produtos fitosanitario nivel básico. Para as fins de semana de outubro tamén se impartirá en Monforte un curso de aplicador de fitosanitarios, nivel cualificado. Para estes cursos as inscricións faranse no teléfono 677 403 508.

Tamén para o mes de outubro prográmase un curso de enoturismo que se desenvolverá en Monforte entre o 4 e o 7 de outubro en horario de mañá. E outro de viticultura sostible que se impartirá entre o 18 e o 21 de outubro, tamén en horario de mañá. As inscricións deben de facerse tamén no 677 403 508.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...