IniciosociedadeRibeira Sacra supera o 95% de ocupación nesta ponte

Ribeira Sacra supera o 95% de ocupación nesta ponte

A previsión do Concorsio de Turismo da Ribeira Sacra para a ocupación nesta ponte do Pilar era do 82%, superándose as previsións en máis de 13 puntos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, as boas condicións meteorolóxicas, a tendencia de recuperación da actividade turística e os desprazamentos pola mellora da situación sanitaria, unido ás condicións do xeodestino afíns ás características do novo perfil de viaxeiro, explican de xeito moi probable estes excelentes resultados.

Nos Hoteis de 4 e 3 estrelas a ocupación foi do 92% cando a previsión era do 78%, algo parecido pasou co Turismo Rural onde a ocupación foi do 94%. Nas vivendas para alugueiro turístico chegouse ao 100% de ocupación e no resto de aloxamentos a ocupación foi do 96%. As comunidades autónomas que adoitaban ser as principais emisoras ata 2019, Madrid e Cataluña, tiveron novamente un peso importante estes días.

As actividades previstas no programa “A caída da folla na Ribeira Sacra” completaron as súas prazas 48 horas antes de dar inicio a Ponte (https://turismo.ribeirasacra.org/es/a-caida-da-folla-2021https://turismo.ribeirasacra.org/)

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...