IniciosociedadeO Courel en risco extremo de despoboamento, 8 hab/km2

O Courel en risco extremo de despoboamento, 8 hab/km2

Courel Vivo considera que todas as administracións, desde o Concello ao Consello de Ministros da UE deberían establecer a desertización demográfica como o gran reto a combater investindo nas zonas de máis risco

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo un estudo da UE, o concello de Folgoso do Courel está en risco extremo de despoboamento, situándose como o concello con maior risco de todos os que o rodean, contando con menos de 8 habitantes por km2 (La Voz de Galicia, 8 de Outubro 2021)  

Desde Courel Vivo amosan a súa preocupación por esta situación e a falta de acción das administracións. Piden ao concello que recoñeza esta problemática como primeira medida para acabar con ela.

“O despoboamento é unha lacra do interior e especialmente das zonas de montaña, pero xordennos algunhas preguntas; porque somos o concello cos peores datos de tódolos que nos rodean? Porque a administracións non teñen plans serios para asentar poboación e dotar de servizos estas zonas? Están a tomar medidas a Xunta e o Concello a parte de saír nos medios falando da boa situación do rural e dotarnos de figuras que non se acompañan de inversións produtivas a nivel local?,” sinalan desde Courel Vivo.

Consideran que todas as administracións, desde o Concello ao Consello de Ministros da UE deberían establecer a desertización demográfica como o gran reto a combater investindo nas zonas de máis risco. E propoñen, “Unha gran oportunidade sería a través dos fondos Next Generation. A Xunta conta mobilizar con eses fondos case 20Mil Millóns de €. Se non os adica para crear servizos e vida nos concellos que esmorecemos, deixará de ter sentido o seu discurso de que apostan polo rural.
A nivel local, nun concello como o de Folgoso do Courel, poderíanse tomar tantas medidas para saír dese ranking… e mentres vemos como se dilapidan 400.000€ nunha área recreativa para xogar ó volei e mollarse un pouco , podendo facer varias zonas de baño máis sinxelas e practicas; e adicar o resto para o realmente importante. Deficiencias hainas: non temos transporte público nin boa cobertura, no sector primario non se está facendo nada e aínda que desde a Unesco nos recoñece xeolóxica e paisaxisticamente o certo é que as administracións non invisten segundo precisamos.

Esta formación política asegura que presentan propostas “realistas e útiles” que non son tidas en conta e que poderían axudar a mellorar esta situación:
“Ter unha envasadora de castañas e mel e evitar intermediarios, solicitar a marca Starlight para que certifiquen a calidade do noso ceo, establecer transporte interno entre tódalas aldeas, solicitarlle a Xunta un ARI integral para o Courel (como hai noutras zonas de Galicia onde se subvenciona ata o 80%.) para que o que queira arranxar edificacións se lle axude, crear brigadas verdes e de prevención de incendios estables no Courel (algúns concellos da comarca teñen 3 ou 4 brigadas estables)… Todas estas medidas axudarían a fixar poboación na zona evitando que encabecemos un ranking de despoboamento extremo no cal solo están o 5% dos concellos do país.

ÚLTIMAS

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...