HomesociedadeAs comarcas de Sarria e Chantada melloran os datos do paro no...

As comarcas de Sarria e Chantada melloran os datos do paro no sur da provincia

No mes de outubro as persoas paradas na zona sur da provincia suman 3.273, baixando en 11 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente os datos do paro do mes de outubro, que por comarcas son os seguintes:

  • Comarca de Lemos onde se incrementou en 7 persoas ata sumar 1.516 parados; Bóveda 49 (-9), Monforte 1.083 (+7), Pantón 97 (+14), A Pobra do Brollón 68 (+5), O Saviñao 128 (-12) e Sober 91 (+2).
  • Comarca de Chantada baixaron en 12 as persoas paradas ata completar 568; Chantada 412 (+1), Carballedo 71 (-14) Taboada 85 (+1).
  • Comarca de Quiroga incrementáronse os parados en 11 persoas e suman 244; Folgoso do Courel 43 (+3), Quiroga 160 (+3), Ribas de Sil 41 (+5).
  • Comarca de Sarria, descenderon as persoas paradas en 17 ata sumar 945; O Incio 41(=), Láncara 85 (-1), Paradela -24 (+3), O Páramo 31 (-4), Samos 32 (=), Sarria 716 (-12), Triacastela (6(-3)

CC.00 segue esixindo ao Goberno a derogación da reforma laboral por ser causante da alta precariedade e temporalidade. A Secretaría de Acción Sindical considera a comarca de Sarria a máis dinámica por ter un sector primario moi forte, así como un sector servizos en auxe, debido á cercanía da capital da provincia. O sindicato cre que non é de recibo que só se fagan un 10,14% de contratos indefinidos, a nivel do estado, cando se rexistraron case 2.000.000 no Inem

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...