IniciosociedadeA Xunta investe 80.000 en prevención de incendios en Folgoso do Courel

A Xunta investe 80.000 en prevención de incendios en Folgoso do Courel

A Xunta investiu preto de 80.000 euros en varias obras preventivas nos montes de xestión pública situados no concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a Dirección Xeral de Defensa do Monte consideran que a mellora de pistas e cortalumes permite ter un monte limpo e seguro ante a aparición de posibles incendios forestais, ao ter as vías de acceso en boas condicións para o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A Xunta investiu o pasado ano 2021 preto de 30 millóns de euros no Plan de prevención de incendios forestais, co que se actuou en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

Nesta liña, as obras que se executaron neste concello abarcaron unha superficie total de 84,8 hectáreas, das cales 22 ha están situadas nos montes de Escrita e Monteiros (parroquia de San Silvestre) e 62,8 hectáreas pertencentes ás parroquias de San Vicente, Santa María e San Xoán. Os traballos consistiron na creación e mellora de cortalumes, co fin de crear descontinuidades na vexetación de cara a deter un posible incendio forestal.

Tamén se realizaron actuacións dirixidas ao mantemento de infraestruturas preventivas, tales como pistas forestais, coa colocación de pasos de auga, creación de novas vías e acondicionamento das existentes. Por último, xestionouse a biomasa en zonas estratéxicas, creando e mellorando infraestruturas como pistas forestais, devasas e puntos de auga. Todas estas actuacións, remarcou o director xeral, teñen como obxectivo final o de evitar que o lume, en caso de producirse, se propague e así minimizar os danos causados no patrimonio forestal.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...