Lembran os promotores da actividade que a introdución de especies exóticas invasoras é unha das ameazas máis importante na perda de biodiversidade do Courel e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. “No Courel xa hai matas de Mimosas que se non se paran a tempo colonizaran ladeiras enteiras,” insisten.
C@urel Vivo levaba o tema a pleno en abril do 2018, a proposta non contou co apoio do equipo de goberno e na última asemblea celebrada por C@urel Vivo acordaron facer xornadas de erradicación de mimosas para os propietarios que estean de acordo. “Polo que imos actuar nunha primeira mata e seguir as indicacións que nos marca a Xunta no permiso que concederon desde ese organismo para erradicalas. A xornada conta co permiso dos donos e tamén da Xunta, e está aberta a quen desexen colaborar en que non se estenda máis esta praga,” sinalan.
A primeira cita será o 5 de febreiro as 9.30. É necesario inscribirse, para poder participar, en https://forms.gle/cnG3GNv1XP7o7mYP8. Neste enlace tamén atoparán máis información. Segundo a aceptación que teña a iniciativa, C@urel Vivo analizaría celebra outras xornadas noutras zonas do Courel nas que os propietarios estean tamén de acordo. |