IniciosociedadeCoplas do enterro da sardiña en Monforte

Coplas do enterro da sardiña en Monforte

XA REMATA O CARNAVAL E A SARDIÑA CONVOCA Á POBOACIÓN MUNICIPAL XUNGUIDA EN ASEMBLEA XERAL PORQUE A NAIDE PODERALLE SENTAR MAL QUE COA VERDADE, SE DESPIDA O CARNAVAL

Publicado o

POR
Cofradía do Santo Enterro da Sardiña de Monforte de Lemos
- Advertisement -

ROGATIVAS
– De los que falan moito pola Radio e a tele e non din nada
LIBERANOS DOMINE
– Dos que queren que empezemos el año de cabeza, e o acabemos de cú
LIBERANOS DOMINE
– Dos municipais que andan escaqueados
LIBERANOS DOMINE
– Das comisións de festas que tiran do talonario
LIBERANOS DOMINE
– Dos que prometen e logo non fan
LIBERANOS DOMINE
– Das obras que nunca acaban e os baches que sempre quedan
LIBERANOS DOMINE
– Dos políticos de hoxe e mailos de mañá
LIBERANOS DOMINE

COPLAS

Aínda que volven as festas
temos que ter coidado
non sexa que volva o covid
a tocarnos o carallo.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
O Coronavirus trouxo consigo
tristura e desolación,
aínda que sen esquecernos
temos que recobrar a ilusión.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Dicían que da pandemia
sairiamos reforzados
e en lugar de elo
saíron moitos matrimonios separados.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Este pais esta cheo
de casos de corrupción,
empezando polo tongo do xurado que elixiu a canción
que representará a España este ano en Eurovisión.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Dicían as Tanxugueiras
esta noite ai foliada
ata que votou o xurado
e quedouse todo en nada.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
E que dicir do Urdangarín
o marido da Cristina
ademais de landronzuelo
saíunos un mullereiro
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
O Rei emérito esta enfadado
co seu xenro Urdangarín
pensou que poñer os cornos
era solo cosa dil.ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
O Tomé comezou sendo alcalde
logo Presidente da Deputación
como nos despistemos
logo chega a Presidente da Nación.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Dos conselleiros da oposición de Monforte
pouco podemos dicir
como non fagan algo
de aí non van a saír
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
De Monforte é o Conselleiro
de Industria
Pero co Porto Seco cerrado
Sí nos crea angustia.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Por fin desperta o polígono do Reboredo
grazas o Alcalde que trae empresas
para enchelo
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
A Reforma Laboral
foi no último momento aprobada
polo voto dun deputado do PP
que marcou a opción equivocada
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Ca subida da electricidade
que estamos a sufrir
para pagar facturas
imos ter que delinquir.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Eiquí está Putin
que coas súas armas un día
invadiu Ucraina pero
non cría que resistiría.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓNCon Ayuso e Casado
con Casado e Ayuso
o PP en crise está
esto non hai quen o entenda xa.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Feijoo quere cambiar esta situación
e para Madrid marchará
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN
Remato estas coplas
dándovos un bo consello
antes de criticar o veciño
mirarse un mesmo no espello.
ESTAMOS A VIVIR NUNHA CONTINUA TENSIÓN
ENTRE A PANDEMIA E OS CASOS CORRUPCIÓN

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...