IniciosociedadePantón no campamento de inverno "Deixa xeado ao Patriarcado”

Pantón no campamento de inverno “Deixa xeado ao Patriarcado”

Esta fin de semana, as nenas e nenos de Pantón que participan no campamento de inverno "Deixa xeado ao Patriarcado”, viaxaron a estación de esquí de Leitariegos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade forma parte do programa do “Pacto do Estado contra a violencia de xénero” do Ministerio de Igualdade. Esta é a primeira das actividades encadradas neste programa contra a violencia de xénero neste ano 2022.

Nos próximos meses en Pantón faranse outras actividades como un obradoiro de contos, unhas xornadas abertas con actividades varias, así como un roteiro temático e un pequeno documental. En edicións anteriores deste programa o Concello elaborou un documentario, organizou un campamento de surf e realizou diferentes propostas de sensibilización no CEIP Monte Baliño.

Esta fin de semana na estación de esquí de Leitariegos gozan de xornadas de xogos con neve, esquí, rocódromo, etc. Acompáñanos educadoras especialistas na temática, que traballarán e farán reflexionar ás nenas e nenos sobre as múltiples violencias de xénero que acontecen no día a día.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...