HomesociedadeA Zona C de Monforte, o concello gaña sentezas mentres o PP...

A Zona C de Monforte, o concello gaña sentezas mentres o PP asegura que se fan as obras sen plan de urbanización

O concello de Monforte obté unha nova sentenza favorable relacionada coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas. Mentres a voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, revela que o Concello iniciou as obras da Zona C sen aprobar definitivamente o plan de urbanización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta sentenza en relación co recurso contencioso administrativo interposto pola familia Conde no que afirmaba que “la actuación administrativa está basada en la vía de hecho porque se ha dado comienzo a la ejecución de las obras sin que exista un Proyecto de urbanización aprobado”; é a segunda que gaña o concello ao respecto desta obra en menos dun mes.

Lembran desde o concello que o expediente administrativo no que se aproba o proxecto de urbanización e dotación de servizos da Zona C data do 9 de setembro de 2021, logo dun acordo municipal adoptado tras a emisión dos informes municipais que constan no expediente, no que se aproba o “Proyecto de Urbanización y dotación de servicios de la Zona C definida en NSP de Monforte de Lemos”, redactado en xullo de 2021 por Monsa Urbanismo.

Deste xeito, a Xustiza volve a confirmar a legalidade das actuacións que o Concello levou a cabo en relación co proxecto da Zona C, logo de que hai uns días dera tamén á razón á entidade municipal en relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L.

O PP fala dun requerimento de Aplu para a reposición da legalidade desta obra

Segundo o PP, a entidade local recibiu o requirimento da Aplu (Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística) para que proceda á reposición da legalidade do proxecto de obra na zona C en tres meses.

Coincide isto, afirma a popular, “cun período de paralización de obras e, aínda que no último pleno Tomé nos contestaba que se debía á falta de materiais, non parece ser unha escusa moi crible. Outro exemplo da mala cabeza de Tomé é a compra de varios inmobles nas inmediacións de onde pretende construír unha ponte nova sen saber tan sequera se finalmente se levará a cabo.”

“Todo o goberno de Tomé é un auténtico caos, dende a súa falta de regulación interna, como amosa a falta da RPT, ata a execución dunha obra pequena. Estamos profundamente  preocupados porque dispón de 7 millóns de euros de aforro dos monfortinos e non hai eficacia no gasto público”, advirte a popular.

ÚLTIMAS

“É un orgullo que pensaran en min como pregoeira”, Mónica Fernández, sumiller

Falamos con Mónica Fernández aproveitando que está a pasar uns días en familia na...

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que...

FEARS e Por Chantada poñen o foco na instalación enerxética prevista en Pesqueiras

A veciñanza de Pesqueiras a través de Stop Baterías Ribeira Sacra denuncia irregularidades nos...