HomeCulturaSegredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para 'Cultiva Cultura'

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

O primeiro será o vindeiro 19 de xullo, mentres que os restantes están programados para as seguintes datas: 1 e 14 de agosto, e 6 de setembro. Un deles será nocturno.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de verán, a entidade Segredos de Pantón vén agora a dar a coñecer as propostas definitivas ás que xa se pode inscribir a xente interesada.

Os roteiros son os seguintes:

19 de xullo – Roteiro por Santa María de Ferreira
Nesta proposta repetirase parte do percorrido da 1ª ruta que fixo Segredos aló polo 2019. Visitaranse uns cantos muíños, pasares, casas grandes, antigas igrexas, coñecerase doutro xeito o mosteiro do Divino Salvador e máis cousas que non queren desvelar polo momento.

1 de agosto – O outro románico pantonés
Farase un paseo polas xoias moitas veces esquecidas do Concello de Pantón. Abordaranse os canzorros eróticos de San Martiño de Tribás, os restos de pinturas hispanoflamencas de Santo Estevo do Mato e as formas enigmáticas do Santuario de Augas Santas.

14 de agosto – Roteiro nocturno por Deade
Será o 1º roteiro nocturno e no transcurso do mesmo contaranse historias de gavillas, algunha de medo e sobre todo da tranquilidade ou non tanta que brindan as noites do estío.

6 de setembro – Polas terras de Vilamirón
Nesta última actividade a intención é ir ata as altas terras de Vilamirón. Entre lendas e historia coñeceranse antigas capelas, tradicións e seica unha tal Torre de Quitapesares.

Tódalas actividades terán un custo de 2 euros por persoa, que se aboarán na conta que facilite a organización, agás para para os cativos menores de 12 anos que non terán que pagar nada.

Para formalizala inscrición cómpre reservar praza a través do E-mail segredosdepanton@gmail.com, das redes sociais (Facebook ou Instagram) ou no WhatsApp 662 669 223 (Lucas). Uns días antes de cada actividade mandarase información ás persoas anotadas, lugar de encontro, hora, material recomendable e calquera outra información que poidan precisar.  

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...