HomesociedadeQuiroga de tapas do 6 ao 16 de abril

Quiroga de tapas do 6 ao 16 de abril

O concurso estará aberto desde este mércores, día 6, ata o 16 de abril, agás o día 10, que por ser día de feira, a comisión organizadora, á petición dos propios establecementos decidiu que non sexa día de tapa de concurso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, día 6 de abril, comeza o X Concurso Quiroga de Tapas e no que participan nove establecementos adicados á restauración:  Adega da María,  Bar O Portón, Cafetería A Botica, A Taberna, O Rego Gastrobar, Bar Chapakuña3, Bar Matrioshka, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira. Todos eles competirán para facerse co premio á mellor tapa desta edición levando un diploma acreditativo e 100 € en metálico.

Cada establecemento participante presentará unha única tapa, elaborada con  ingredientes de libre elección. A tapa presentada ao concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30.

As bases mantéñense como en anos anteriores ao igual que o prezo da tapa (1,´50 €), polo que serán os propios consumidores das tapas os que decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o mesmo tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, coas que contarán todos os establecementos participantes.

Os premios para os participantes van desde os 300 € en metálico ata cestas con produtos típicos da zona, pasando por comidas ou ceas para dúas persoas en distintos establecementos locais e da Ribeira Sacra, a estancia nunha hospedería ou un paseo a cabalo.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...