Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un déficit de capacidade industrial para a creación de postos de traballo, debido á baixa implantación de industrias. “As administración públicas teñen a obriga de facilitar a súa fixación a través de distintos incentivos. Un deles, propiciar a rápida saida e entrada de productos ó mercado comercial a través das vías de comunicación”, recollen.
Lembran que o Porto Seco foi deseñado inicialmente como plataforma de distribución de mercadorías, cunha previsión de conexión co Polígono Industrial, e coa Nacional 120, “quedando ata o momento nunha mera mención de intencións”. No seu día a Xunta de Galicia executou o tramo de unión do Porto Seco ata a antiga N.120, “Este proxecto leva moitos anos atrancado nese punto, e sen que ningunha administración se implique na finalización do enlace coa nova N.120. Parece que a falla de entendemento entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes é o atranco para esta materialización”, aseguran desde EspertaMonforte.
Desde a formación política insisten en que se precisa de asentamentos industriais, servizos e mobilidade e neste senso o porto seco debe cumplir a función para a que se creou polo que esixen, que a Corporación Municipal de Monforte se dirixa a Xunta de Galicia, a través da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deporte – a través de Dirección Xeral de Mobilidade- e ó Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible de Gobemo Central, para que ambas administración competentes nestas obras, acometan da forma máis rápida posible o remate da comunicación entre o actual enlace co Porto Seco e a N.120.
Noutra moción piden instar á Consellería de Educación a revisar de xeito inmediato a planificación de 2.º de Educación Primaria en Monforte de Lemos para o curso 2026/2027 e crear a unidade necesaria e impulsar a constitución do Consello Escolar Municipal.
No curso 2026/2027, xa iniciado, os dous centros públicos de Monforte de Lemos comezaron con aulas de 2.º de Primaria por riba da ratio de referencia. Segundo a información trasladada polas comunidades educativas, “os tres grupos existentes suman xa máis de 75 alumnos e alumnas en cómputo ponderado, cando o límite de referencia para tres unidades se sitúa en 60”. Afirman que a situación estaba advertida e que o Concello de Monforte de Lemos debe defender unha planificación educativa axeitada para o alumnado da localidade.
Entre outras demandas Esperta Monforte tiña presentado que se acondicionaran as pistas de saída do San Mateo, antes da celebración da romaría o pasado 21 de setembro. “Non chega con organizar o tráfico se os propios viais polos que teñen que circular centos de vehículos non presentan unhas condicións axeitadas. A seguridade viaria tamén depende do estado das estradas”, sinala Esperta Monforte.
C

