IniciosociedadeO Día do Humor con David Amor no IES A Pinguela

O Día do Humor con David Amor no IES A Pinguela

David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, estivo este martes, 26 de abril no IES A Pinguela con motivo da celebración do Día do Humor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

David Amor faloulle ó alumnado da importancia de falar a nosa lingua con orgullo, co noso acento, e facelo tamén por amor ós avós. Da importancia de facer traballos sociais sen remunerar, só polo gusto das cousas ben feitas. Do deber de respectar ós demais -tamén ós profesores- e da importancia de
realizar accións que permitan vivir nun mundo amigable e máis feliz.

Contoulles como a xuventude sempre foi considerada subversiva, e que eles tamén o pensarán dos mozos cando sexan vellos, como lle pasou a Sócrates e a moitos pensadores desde Babilonia… Contou tamén como chegou a traballar como repartidor de pizzas, camareiro… antes de dedicarse profesionalmente ó balonmán e despois á televisión e o teatro.

David Amor Ies A Pinguela

David Amor ademais de humorista e actor foi tamén xogador de balonmán
profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española
sub-18. No 2000 comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia. Participou en diversos programas de humor e series coma Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Rober ou A grande escapada. En Antena 3 participou en El club del chiste. En Cuatro apareceu como Tito en Gym Tony. Na TVG participou en Augas Quentes e O clan dos impostores . En 2017 presentou o programa da Televisión de Galicia Con Amor e Compañía e participou como concursante no programa Tu cara me suena de Antena 3. E desde xullo de 2018 colaborou en Zapeando (LaSexta). Tamén en Antes de Perder para Playz (2019), La mejor canción jamás cantada (2019), ¿Juegas o qué? (2019) TVE.

Unha xornada gustou ó alumnado e profesorado, que non dubidaron en facerse fotografías con David ó remate para ter outro recordo desta actividade.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...