IniciosociedadeCurso básico de manipulador de produtos fitosanitarios a finais de agosto en...

Curso básico de manipulador de produtos fitosanitarios a finais de agosto en Monforte

O obradoiro terá 27 horas de duración total entre o 18 de agosto e o 1 de setembro, en formato semipresencial. Así, as nove horas presenciais do curso impartiranse os días 29 de agosto e 1 de setembro en horario de tarde, das 16:00 horas ás 21:00 horas, no Centro de Formación e Experimentación Agraria da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza en Monforte unha acción de formación profesional e adquisición de competencias básicas na aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios.

O programa do obradoiro consiste de 15 unidades, comezando con nocións sobre as pragas que se dan nos cultivos, seguidas de diferentes aspectos sobre produtos fitosanitarios e medidas tanto de hixiene como de seguridade, xunto co emprego de  diferentes tipos de equipamento e outros aspectos relacionados coa materia. Todos os bloques de contido, sexan presenciais, en liña ou mixtos, teñen unha duración de tempo  de entre unha e catro horas. A última unidade do curso consiste no exame final, que se desenvolverá de xeito presencial.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende proporcionar aos alumnos do obradoiro os coñecementos necesarios para un uso sostible dos produtos fitosanitarios, tendo sempre como base o respecto polo medio ambiente e a seguridade e hixiene. Así mesmo, o carácter semipresencial desta acción formativa permite harmonizar a vida laboral dos alumnos e a súa conciliación familiar, o que lles posibilita facer parte do curso dende a casa á vez que aprenden sobre o terreo -nas clases presenciais- a empregar distintos tipos de equipamento e recursos.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...