IniciosociedadeGalicia sen Monforte, hoxe non sería a mesma

Galicia sen Monforte, hoxe non sería a mesma

Publicado o

- Advertisement -

Monforte xogou un papel fundamental na historia do ferrocarril en Galicia como nexo de unión entre o norte e o centro peninsular.

A Cidade do Cabe, pola súa situación estratéxica, foi o núcleo por onde, no ano 1883 entrou o tren dende terras de Castela ata as galaicas. Ese día foi o 1 de setembro dese mesmo ano, cando un tren provinte de Madrid e co rei Alfonso XII no seu interior, inauguraron da vía ferroviaria.

O camiño de ferro facilitou as comunicacións e relacións comerciais. Representou un feito histórico pois supoñía o fin do illamento secular de Galicia que quedara fora do primeiro trazado ferroviario na década 1855-1865; época na cal se abriron a maior parte dos eixes radiais que configurarían a futura rede ferroviaria de España.

O crecemento tanto económico como social de Monforte está baseado na montaxe de raís, a calor das súas caldeiras e o fume das vellas locomotoras de vapor que circulaban polas vías nos tempos dourados do tren. As instalacións do tren, talleres de materiais rodantes, reserva de locomotoras, almacéns e rotondas de máquinas de Monforte, cunha superficie de 270.000 metros cadrados, é máis extensa de Galicia, reflexando a gran actividade que houbo na estación de ferrocarril durante os anos dourados.

O expoñente máximo do que un día foi Monforte, está recorrido no Museo do Ferrocarril. O viaxe no tempo que se fai cando se entra nas súas instalacións é dar un salto á metade do século XIX. A Mikado F2111, que está exposta, é a nena bonita da galería.

Rotonda Museo Ferrocarril/Muferga

Pero se por algo se caracteriza o museo, ademais de polas máquinas perfectamente restauradas que alberga no seu interior, é pola estrutura de arquitectura industrial única en España. Un edificio semicircular con 19 vías baixo cuberta e outras tantas radiais exteriores que se unen nunha ponte xiratoria para unilas e que ten como finalidade cambiar o sentido da marcha das locomotoras e situalas no seu correspondente foso da rotonda para o seu mantemento e reparación.

Actualmente, a vida ferroviaria da cidade mermou pero aínda hai moitas familias vencelladas ó medio de locomoción.

O 28 de setembro celebrouse o V Homenaxe Ferroviarios AMAFER no Colexio Ferroviario no que participaron familiares de ferroviarios, o alcalde da cidade, José Tomé Roca, o presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos, o xerente de Renfe en Galicia, Enrique Fontes, o presidente de AMAFER, Fermín Avellaneda, a directora do Colexio Ferroviario, Enyd Fernández así como os propios homenaxeados e os seus familiares.

Unha merecida homenaxe a 12 veciños que viviron vencellados ó tren e que actualmente son a memoria viva daqueles esplendorosos anos, nos que o núcleo ferroviario chegou a albergas milleiros de traballadores. Un agradecemento a toda unha vida traballando en e por Monforte e que fixo posible que hoxe a cidade sexa o que é.

Durante o acto, tamén se destacou a obriga que ten Monforte de seguir xogando un papel fundamente no desenvolvemento do ferrocarril en Galicia, no tocante ó transporte de persoas e de mercadorías.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...