HomesociedadePrórroga da campaña de vacinación contra a gripe ata o 25 de...

Prórroga da campaña de vacinación contra a gripe ata o 25 de xaneiro

A incidencia da gripe na provincia de Lugo é algo maior á do ano pasado mentres que os ingresos hospitalarios por esta doenza están dentro dos límites normais. No Hospital Comarcal de Monforte só se contabilizaron 3 ingresos nestas últimas horas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia alongará ata o vindeiro venres 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe que se está desenvolvendo na comunidade baixo o lema ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe’.

O motivo desta decisión vén dado polo feito de que este ano se atrasou a chegada da onda de gripe á comunidade e, polo tanto, todas aquelas persoas que o desexen e non o fixeran, aínda están a tempo de vacinarse.

Sanidade subliñou o aumento do número de vacinados entre os profesionais sanitarios, case un 32% máis que o ano pasado tendo especial relevancia no Hospital Comarcal de Monforte onde se vacinaron uns 161 prorfesionais. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...