HomesociedadeTres anos e medio de cárcere por agredir sexualmente a unha menor...

Tres anos e medio de cárcere por agredir sexualmente a unha menor embarazada

Os feitos remóntanse a marzo de 2011 no partido xudicial de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos e medio de prisión ao acusado de agredir sexualmente a unha menor, en marzo de 2011, cando a vítima tiña 14 anos e estaba embarazada de cinco meses. Tamén se lle impuxo ao acusado o pago dunha indemnización de 6.000 euros.

Segundo a sentenza, os feitos sucederon no interior do vehículo do sospeitoso, quen se ofreceu a levar a vítima ao lugar do monte no que cortaban leña o seu fillo e o noivo da moza.
O tribunal considera probado que o acusado se desviou durante o traxecto para deter o coche nun camiño estreito e ofrecerlle á menor 50 euros a cambio de manter relacións sexuais con el, ao tempo que lle tocou os peitos e tentou bicala. A vítima conseguiu saír do coche, pero o sospeitoso alcanzouna e volveuna arrastrar cara ao interior, onde lle rompeu a camiseta e continuou coa agresión sexual.

Durante a loita, o procesado propinoulle unha puñada no abdome e aos poucos días, o 30 de marzo, a vítima tivo un aborto; pero o tribunal indica na resolución que é “medicamente imposible determinar a causa” e polo tanto establecer relación entre a puñada e o posterior aborto.

Accede aquí á información publicada a comezos de decembro, antes de iniciarse o xuizo.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...