HomeSucesosPendentes en Monforte da declaración do condutor que chocou contra o hospital...

Pendentes en Monforte da declaración do condutor que chocou contra o hospital monfortino

A Policía Local do municipio de Monforte está á espera de tomar declaración para concluír o atestado e aclarar se foi intencionado o choque dun turismo na medianoite do pasado venres contra unha zona do hospital comarcal, na que nese momento non había ningún persoal nin usuario.

Publicado o

- Advertisement -

O condutor do vehículo que impactou contra o Hospital Comarcal de Monforte foi ingresado inicialmente no propio hospital monfortino, e posteriomente traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Nesta situación, os axentes municipais están á espera de poder localizalo no seu domicilio de Monforte xa que este é o seu ámbito de actuación. Os feitos sucederon pasada a media noite do día 23 de agosto, cando un vehículo impactou contra unha porta lateral do Hospital de Monforte, onde se sitúa o servizo de rehabilitación.

Rexistráronse diversos danos materiais nesa área hospitalaria, en cuxo interior quedou o vehículo sinistrado, pero non houbo que lamentar feridos, a non ser o propio condutor, un varón J. L. L.S., de 37 anos.

A Policía Local ten aberta unha investigación para solicitar todos os datos e aclarar se se tratou ou non dun accidente intencionado e está á espera de poder tomar declaración ao condutor do vehículo ferido para pechar o atestado que, unha vez concluído, será enviado ao xulgado pertinente.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...