HomeSucesosXulgan a un home por abusar de tres sobriñas: "Detrás de todo...

Xulgan a un home por abusar de tres sobriñas: “Detrás de todo hai unha man negra”

O home tamén abusou dotra sobriña cando acudía os fins de semana a unha casa en Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O home que este xoves sentou no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo por presuntamente abusar sexualmente de tres sobriñas políticas súas cando eran menores de trece anos -hoxe cumpriron todas a maioría de idade-, asegurou no xuízo que “nunca” tocou ás nenas e culpou das súas denuncias a unha “man negra” que pretende prexudicalo.

O ministerio fiscal solicita unha pena de 32 anos de cárcere para o acusado como suposto autor de delitos de abuso sexual continuado a tres sobriñas políticas que no momento dos feitos eran menores de idade.

Segundo o escrito de acusación, o home tamén abusou entre os anos 1996 e 1998 doutra das súas sobriñas políticas cando quedaba ao seu coidado, dado que pasaba “cada domingo e días de verán nun domicilio familiar” situado na zona de Monforte de Lemos. O fiscal considera que, “co pretexto de xogar”, introducíaa no seu vehículo e “alí acariñáballe diversas partes do seu corpo, incluíndo a zona xenital”. Toda a información en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...