HomeSucesosDetido en Monforte por tentativa de homicidio en Pantón

Detido en Monforte por tentativa de homicidio en Pantón

A Policía Nacional detivo ao autor dunha tentativa de homicidio en Pantón. O autor dos feitos, que consumira gran cantidade de bebidas alcólicas, ten antecedentes policiais.

Publicado o

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Monforte de Lemos, detiveron ao autor dunha tentativa de homicidio ocorrida no veciño municipio de Ferreira de Pantón, sendo o agresor un veciño do lugar, con nacionalidade española, nacido en Cuba, fai corenta e sete anos.

Os feitos ocorreron na madrugada do venres, 21 de febreiro ao sábado, cando os implicados abandonan o local por ser a hora de peche, e despois de non ter contacto entre eles no interior. Segundo as investigacións policiais, á saída do local, cando o agredido diríxese ao seu vehículo, foi alcanzado por detrás polo agresor cunha navalla de oito centímetros de folla, dándolle unha puñalada na coxa, que necesitou doce puntos de sutura.

O agredido é trasladado ao hospital de Monforte de Lemos, onde tras ser ingresado en urxencias, os acompañantes esperan fóra. Alí tamén acode o agresor, que estaba a sangrar por unha man. Alertada a Policía Nacional de Monforte diríxese ao lugar, xa que o vixiante de seguridade do centro hospitalario tivo que intervir ante as agresións que se estaban producindo polos acompañantes do ferido e o agresor.

A dotación policial, comproba que no lugar acaban de tirar ao chan a que posteriormente foi identificada como a arma usada na agresión, admitíndoa o detido como súa. Momento no que despois de verificar as declaracións de todos os presentes, a dotación policial de Radiopatrullas, procede a deter ao presunto autor dos feitos nese mesmo instante.

Posteriormente iníciase a correspondente investigación por parte da Brigada Local de Policía Xudicial, para a reconstrución dos feitos e dar conta á Autoridade Xudicial de todo o ocorrido e a achega das probas do acontecido. Con todo o achegado e as declaracións tomadas, a autoridade xudicial procede a ditar o ingreso en prisión do detido.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...