HomeSucesosMorre unha muller nun choque cun camión en Quiroga

Morre unha muller nun choque cun camión en Quiroga

Na colisión tamén resultou ferido de consideración o condutor do coche no que a muller ía de acompañante.

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller morreu esta mañá nun aparatoso accidente de circulación ao chocar o coche no que viaxaba de ocupante contra un camión, nunha estrada do municipio lucense de Quiroga, segundo informa o servizo de Emerxencias.

O choque produciuse cara ás 10:30 horas no quilómetro 494 da estrada N-120, no lugar de Nocedo. A consecuencia do accidente, o tráfico de vehículos foi interrompido  nos dous sentidos da circulación.

Na colisión tamén resultou ferido de consideración o condutor do coche. Segundo informaron a Efe fontes do servizo de Emerxencias, o vehículo chocou contra un camión que aparentemente estaba avariado.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...