HomeSucesosUnha muller acaba ferida nun accidente de quad en Sarria

Unha muller acaba ferida nun accidente de quad en Sarria

O accidente produciuse na rúa Fernando de Castro e ata o lugar dos feitos trasladáronse profesionais do 061 e axentes da Policía Local.

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida este domingo nun accidente cun quad implicado que ocorreu dentro dunha leira privada en Sarria, informou o 112.

O aviso recibiuse ao redor das 15,00 horas. Como consecuencia do golpe, a muller presentaba diferentes lesións, polo que foi trasladada de urxencia a un centro hospitalario.

O accidente produciuse na rúa Fernando de Castro e ata o lugar dos feitos trasladáronse profesionais do 061 e axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...