HomeSucesosUn falecido e dous feridos nun accidente de tráfico na Pobra do...

Un falecido e dous feridos nun accidente de tráfico na Pobra do Brollón

O choque produciuse na N-120 á altura de Abrence.

Publicado o

- Advertisement -

Un choque entre dous coches ocorrido na tarde deste sábado na Pobra do Brollón saldouse cunha persoa falecida e outras dúas feridas. Foi precisa a intervención dos bombeiros para liberalos dos seus respectivos vehículos.

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro ocorreu cando faltaban 10 minutos para as 19,00 horas. Entón, unha persoa particular contactou coa central de emerxencias para informar de que se produciu o choque entre dous turismos pola N-120 á altura de Abrence. Esta persoa aseguraba que podía haber xente atrapada no interior dos coches e que un deles botaba fume polo lateral.

Con estes datos, o 112 pasou o aviso aos bombeiros de Monforte e ao GES de Quiroga, así como a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil da Pobra do Brollón e o persoal do servizo de mantemento da vía. De feito, houbo que interromper o tráfico na estrada para facilitar o acceso e o traballo dos servizos de emerxencias desprazados ao momento.

ÚLTIMAS

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...