HomePolíticaO PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música...

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

A voceira popular, Katy Varela, asegura que o goberno de José Tomé deixou de apoiar aos colectivos monfortinos que manteñen viva a cultura e o folclore tradicional galego, "vémonos na obriga de defender a necesidade de recuperar o esplendor dun sector que, historicamente, contou cunha gran implicación dos veciños de Monforte, especialmente dos máis novos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao equipo de goberno local “un compromiso real e efectivo” coa cultura tradicional galega. Segundo os populares coa xestión do actual equipo de goberno, “produciuse un cambio preocupante na realidade cultural da cidade. Diminuíu o número de persoas nas clases de música tradicional, e o concello ten que contratar colectivos de fóra para as celebracións locais por non contar con xente suficiente no municipio”.

Katy Varela denuncia as queixas de Tomé sobre o custo do conservatorio, “Resulta contraditorio que o alcalde lamente o investimento no conservatorio mentres anuncia un millón de euros para asfaltar rúas que non o precisan. Unha mostra máis da falta de sensibilidade cultural do goberno local”.

Para reverter esta situación, os concelleiros do Grupo Municipal Popular defenderán unha moción na que se insta ao equipo de goberno a elaborar un plan integral para incentivar a danza e a música tradicional, con medidas como: axudas directas para a adquisición de instrumentos e vestiario tradicional, fomento das clases e actividades de formación ou campañas de publicidade para impulsar a matriculación e a práctica destas disciplinas entre a mocidade. Con esta iniciativa, dende o PP “queremos que Monforte volva a ser un referente na conservación e difusión das nosas raíces, garantindo o relevo xeracional nas agrupacións folclóricas da cidade”.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...