HomeTerra de LemosMonforteTres detidos en Monforte por un intento de asasinato en Coles (Ourense)

Tres detidos en Monforte por un intento de asasinato en Coles (Ourense)

No rexisro atoparon unha escopeta, unha armazón dun revólver, 1.200 cartuchos de arma curta e longa, seis teléfonos móbiles e documentación

Publicado o

- Advertisement -

Tres veciños de Monforte (Lugo) foron detidos como presuntos autores dun delito de asasinato en grao de tentativa doutro home en Coles (Ourense), así por tenencia ilícita de armas e tráfico de drogas no marco da Operación Pensa.

O 11 de xaneiro deste ano, a Garda Civil tivo coñecemento, a través do 112, de que, tras unha discusión no Concello de Coles (Ourense) había unha persoa con feridas de bala.

Así, a Garda Civil comprobou que unha persoa recibiu na madrugada do 11 de xaneiro un disparo de bala nunha discusión nunha estrada con outras tres persoas. Alí, un deles sacou a pistola e efectuou o disparo que lle alcanzou nunha perna, tras o que se deu á fuga.

O ferido non quixo que a Garda Civil fose informada, pero desde o Centro Hospitalario de Ourense alertaron da entrada en urxencias dunha persoa ferida de bala. A partir de aí iníciase a investigación no marco da Operación Pensa na que colaborou a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, o Grupo Rural de seguridade de Pontevedra e o Servizo Cinolóxico.

Neste operativo realizáronse catro rexistros domiciliarios. Así, atopouse na vivenda dun dos detidos en Monforte de Lemos unha escopeta, unha armazón dun revólver, 1.200 cartuchos de arma curta e longa, seis teléfonos móbiles e documentación. Todo iso foi incautado.

Noutro dos rexistros, tamén en Monforte de Lemos, a Garda Civil incautou 159 plantas de marihuana, unha caixa con sumidades floridas secas cun peso de 30 quilogramos e diversos útiles para o seu cultivo.

Ademais, no terceiro domicilio localizouse un zulo supostamente preparado para a ocultación das drogas e o material de procedencia ilícita. Os detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Ourense, que decretou o ingreso en prisión de dous deles.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...