HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelTrasladan en helicóptero hospitalizado a un home accidentado nun quad en Folgoso...

Trasladan en helicóptero hospitalizado a un home accidentado nun quad en Folgoso do Courel

O incidente tivo lugar ás 17.00 horas.

Publicado o

- Advertisement -

Un home foi trasladado ao hospital nunha aeronave medicalizada despois de sufrir un accidente co quad que manexaba, no concello de Folgoso do Courel.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro, pasadas as 17,00 horas, a través da chamada do persoal sanitario. Na comunicación, os servizos médicos confirmaban a mobilización do helicóptero medicalizado, con base en Ourense, para o lugar de Moreda.

Así, os operadores do CIAE-112 facilitaron a información do accidente á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES e de Protección Civil de Folgoso. Finalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil confirmoulle ao 112 que o condutor do quad foi trasladado, na aeronave, ata o Hospital Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...