HomeComarca de ChantadaChantadaFeridas dúas persoas atropeladas por un vehículo que continuou a marcha

Feridas dúas persoas atropeladas por un vehículo que continuou a marcha

Aconteceu na noite do pasado martes en Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración tras ser atropeladas na noite deste pasado martes no termo municipal de Chantada por un vehículo que continuou a marcha.

Segundo informaron o 112 Galicia, dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, despois de ser atropeladas por un turismo que circulaba pola antiga estrada de Ourense, á altura do campo de fútbol de Chantada.

Foi un particular quen, sobre as 22,30 horas do martes, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda e indicou que acababan de atropelar ao seu marido e o coche continuou a marcha.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Chantada e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Fontes sanitarias concretaron que ao lugar desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico e persoal sanitario da PAC de Chantada, así como unha ambulancia de soporte vital avanzado que evacuou ao home J.R.G.B., de 61 anos, ao Hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

Comeza a elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Monforte de Lemos

A necesidade de elaboración deste documento xustifícase porque tras as conclusións acadadas na Avaliación...

Sober prepara a XXIII Festa das Avoas e dos Avós

O Concello de Sober organiza un ano máis o acto festivo que homenaxea e...

Colócanse en Monforte 128 trampas para velutinas

A voceira popular, Katy Varela, destaca que grazas ao trampeo manual realizado pola Xunta...

Ampla axenda cultural para celebrar o ‘Día Internacional dos Museos’ na Rede Museística Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar...