HomesociedadeComeza a elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres...

Comeza a elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Monforte de Lemos

A elaboración do IV PIOM realizarase a través dun equipo de traballo mixto formado por persoal do Centro de Información á Muller do Concello e por persoal técnico dunha Consultora externa especialista en xénero e igualdade, SECES CIT, S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A necesidade de elaboración deste documento xustifícase porque tras as conclusións acadadas na Avaliación do III Plan de Igualdade do Concello de Monforte de Lemos, os especialistas na materia, constataron que, aínda que houbo progresos significativos na consecución de igualdade entre mulleres e homes en moitos aspectos, o reto actual, está non só en dotar ao Concello de Monforte dun instrumento de guía para os próximos anos nesta materia, se non que vai a permitir a adquisición dun compromiso coa igualdade na que se implique a todo o municipio.

O que se pretende por tanto, é xerar un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe social, na medida na que se fomenta o establecemento de canles de participación da cidadanía monfortina, para que poidan transmitir a súa sensibilidade en materia de igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito local.

A primeira fase na elaboración deste documento, consiste na realización da diagnose da realidade municipal actual, dende unha perspectiva de xénero para a que se solicita a colaboración de toda a cidadanía mediante o cumprimento dunha enquisa disponible na web do Concello á que se accede premendo nunha ligazón.

Desde o concello destácase a importancia de colaborar nesta enquisa xa que os Plans de Iguadade Municipal deben axustarse á realidade do territorio no que se pretende intervir e é fundamental coñecer as necesidades de actuación en Monforte, para adaptar na fase de elaboración, o deseño, toma de decisións e execución das políticas públicas que formarán parte do Plan de Igualdade de Oportunidades Municipais, para que poidan dar resposta unha vez finalizado, a todas estas necesidades percibidas a través da enquisa.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...