InicioSucesosDespréndese unha pequena parte dun balcón en Monforte

Despréndese unha pequena parte dun balcón en Monforte

O suceso non provocou danos persoais, soamente materiais

Publicado o

- Advertisement -

Ás 21.30 de hoxe despredeuse a un anaco da parte inferior de un balcón dunha casa sita na Rúa Concepción Arenal, 50, no barrio da Estación de Monforte sen provocar danos persoais. Unha hora na que o barrio ten moita afluciencia de xente que acode aos moitos bares que se estableceron na zona.

Segundo puido saber este xornal, foi un home o que se decatou xa que, cando camiñaba por baixo, parte do revestimento do balcón desprendeuse por motivos que se descoñecen. Foron os veciños quen avisaron aos medios de emerxencias que acudiron ao lugar dos feitos para retirar os cascallos, revisaron o estado do balcón para asegurar e pecharon parte da beirarúa impedindo o paso de peóns por baixo del.

Dáse a casualidade de que este feito acontece nun clima de gran controversia creada no concello polas demolicións que se están levando a cabo neste últimos meses e na que hai tantas persoas a favor como detractores das medidas que se están tomando dende a Alcaldía, tal e como xa publicou Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...