HomeEconomíaO Cume Tapas xa ten gañador do xurado popular: O Viñedo

O Cume Tapas xa ten gañador do xurado popular: O Viñedo

A tapa gañadora, “Medallón crocante con compota de mazá e redución de mencía”, foi a preferida dos participantes deste ano.

Publicado o

- Advertisement -

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) anunciaba estes días o veredicto despois do correspondente reconto de votos.

Os seguidores da X edición do concurso de Tapas de Monforte de Lemos outorgáronlle a vitoria á tapa “Medallón crocante con compota de mazá e redución de mencía” presentada polo establecemento O Viñedo, un local que non ten nin un ano de vida e que está no espazo da Praza de Abastos da cidade do Cabe.

A segunda tapa máis votada foi a que presentou a Abadía de San Simón, local que está no campo de golf, denominada “O alambique San Simón”, mentres que o terceiro posto foi para O Rabeno con “Dúo galego tropical”.

Alambique San Simón. Tapa que presentaba a Abadía San Simón. Foto: Cume Tapas

No acto no que se facían públicos os gañadores do voto popular déronse a coñecer os finalistas das categorías técnicas elixidos polo xurado profesional, que foron:

Na categoría de Tapa Tradicional: O Viñedo, Tapería Centro do Viño, Grelo e Abadía San Simón.

Como Tapa Creativa: Tapería Brancellao, Cervecería Mulligans, Chokolat e Casablanca.

Na categoría de Maridaxe con Viño R.S.: Tapería Centro do Viño, Tapería Brancellao, O Viñedo e Casablanca

Como Tapa Infantíl: El jardín de las delicias e MON, come y sueña

Segundo nos indican dende a organización, os hostaleiros din que venderon máis tapas que o ano anterior malia que o mal tempo non axudou neste sentido.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...