HomeCulturaA Ribeira Sacra, Monforte e O Corgo, escenarios da nova tempada de...

A Ribeira Sacra, Monforte e O Corgo, escenarios da nova tempada de ‘O sabor das Margaridas’

A produción galega xa se situou "entre as dez máis vistas de Netflix" no Reino Unido e Irlanda coa primeira tempada.

Publicado o

- Advertisement -

A Ribeira Sacra, Monforte de Lemos ou o Pazo de Adai (no Corgo) atópanse entre os escenarios escollidos para a rodaxe da segunda tempada da serie ‘O Sabor das Margaridas’, que se emite na Televisión de Galicia e Netflix.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este xoves a parte do equipo de produción e dos actores no marco da colaboración desta institución provincial co audiovisual galego.

Durante o encontro, Tomé destacou a “defensa da industria audiovisual” como parte do “tecido industrial galego” e que “achega un valor engadido á economía en Galicia” a través do cinema e da arte.

Ademais, puxo en valor que esta segunda tempada da serie axuda á “promoción turística” da provincia de Lugo cunha rodaxe que mostra “as paisaxes, monumentos” e puntos “atractivos” do territorio. A produción galega xa se situou “entre as dez máis vistas de Netflix” no Reino Unido e Irlanda coa primeira tempada.

Por outra banda, Tomé explicou que “nos últimos dez anos, a Deputación de Lugo colaborou dunha forma ou outra cunha ducia de películas de series ou curtametraxes” e subliña que “as posibilidades dos novos medios, a multiplicación de canles e a demanda de contidos fan do audiovisual un sector económico á alza” que pode xerar “nos próximos anos máis de 20.000 novos empregos” en España.

SEGUNDA TEMPADA

Pola súa banda, o produtor de ‘O Sabor das Margaridas’, Ghaleb Jaber Martínez, confirmou a finalización da gravación da segunda tempada e apunta a que agora está en “fase de montaxe”.

Ademais, apuntou a que “a lingua non é un obstáculo” e cre que “o audiovisual” é a “mellor maneira de exportar país”. Os escenarios galegos elixidos supoñen “paisaxes que fixeron o traballo máis fácil” para as máis sesenta persoas que participaron nos traballos e na gravación desta serie.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...