HomeCultura"É moi importante que o Pazo de Tor poña en valor os...

“É moi importante que o Pazo de Tor poña en valor os espazos da servidume”

A investigadora Carolina Casal vén de participar nas II Xornadas Pacegas organizadas pola Deputación de Lugo no Pazo de Tor, coas que se procura poñer voz á memoria oculta e esquecida da servidume dos castelos durante a Idade Media.

Publicado o

- Advertisement -

“As mulleres que aparecen cando rebuscas na historia adoitan ser de clase burguesa, pero as campesiñas, a servidume e as escravas son as esquecidas das esquecidas dentro da nosa historia”. Carolina Casal, historiadora, museóloga, conservadora e xestora cultural, procura revisar o pasado cunha perspectiva feminista e de clasedende a que sacar do silencio a historia de todas aquelas mulleres rurais de Galicia que, se ben “soterradas” durante séculos, foron decisivas para o desenvolvemento do país.

No marco da segunda sesión das II Xornadas Pacegas organizadas pola Rede Museística da Deputación de Lugo, baixo o título de Soterradas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo, Carolina Casal vén de ofrecer no Pazo de Tor, en Monforte, unha conferencia na que debullou a memoria oculta das fortalezas galegas na Idade Media. Unha memoria que agora se volve máis visible grazas tamén á recuperación e posta en valor de sete estancias que habitaron as mulleres da servidume no Pazo de Tor. Procúrase, di a Deputación de Lugo, “incorporar a perspectiva de xénero e social ao discurso museográfico”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...