HomesociedadeYoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Este 29 de abril asistiu á entrega no Centro de Convencións Palexco de A Coruña. Con esta medalla recoñécese a súa traxectoria a prol do voleibol galego e monfortino, así como tamén o seu paso pola Selección Española.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito Deportivo concedida pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte. A entrega realizouse este mércores 29 de abril pola tarde no Centro de Convencións Palexco de A Coruña.

Dende o clube monfortino afirman que con esta medalla “recoñéceselle o traballo a prol do Voleibol Galego e monfortino,  así como o seu percorrido pola Selección Española”.

TRAXECTORIA DE YORAXI MELEAN

Chegada a Galicia con 19 anos, e xa con traxectoria deportiva de compoñente da Selección Venezolana de Voleibol, formou parte da plantilla do Clube Pinguela –actualmente C.V. Ribeira Sacra– durante 7 anos. Aquí é onde obtén a nacionalidade española para formar posteriormente parte da Selección Española de Voleibol. 

Na élite do voleibol pasou por equipos da máxima categoría en Italia, Portugal e España; participando en equipos como Tenerife, Logroño ou Menorca, equipos nos que conqueriu varias ligas, copas da raíña e participando tamén en competicións europeas.

Rematada a súa vida profesional asentouse definitivamente en Monforte onde asume a función de adestradora de varios equipos do Clube e actúa como técnica nos Campus de verán que organiza a Federación Española de Voleibol. 

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...