InicioEconomíaTomé presenta o Plan Reactiva Monforte aos sectores económicos e produtivos

Tomé presenta o Plan Reactiva Monforte aos sectores económicos e produtivos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, reúnese cos representantes dos sectores económicos e produtivos para informar de que o concello destina 1,4 millóns de euros provintes do actual orzamento municipal, para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica e social provocada pola COVID-19.

Publicado o

- Advertisement -

O equipo de goberno propón o Plan Reactiva Monforte que ten por obxecto impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, “outorgando liquidez ás empresas da cidade, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, para así axudar ó mantemento da actividade económica e acadar tamén a debida protección do emprego”. Segundo o alcalde trátase da “maior axuda económica que se fixo nunca dende o Concello, co obxectivo de impulsar a actividade económica dos nosos sectores produtivos e contribuír así a paliar os efectos do Covid-19”.

O rexedor municipal sinalou que “o papel dos concellos na crise económica e de emprego que nos vai tocar vivir é clave porque a Administración do Estado e Autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, mediante o deseño dunha estratexia de promoción económica capaz de identificar e valorizar os recursos e proceder á adaptación dos programas ás necesidades locais”.

Na xuntanza cos representantes dos sectores produtivos, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira de Facenda, Gloria Prada, e a dita reunión acudiron representantes do Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería (APEHL-Zona sur), o delegado para a zona sur da Asociacion Provincial de Empresarios da Construción de Lugo (APEC) así como o delegado da zona sur da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Contía das axudas

Son cinco as liñas de axudas enmarcadas na partida de 1.4 millóns de euros para paliar os efectos do Coronavirus nos sectores económicos, empresariais e laborais da cidade:

  • Unha contía fixa de 1.000 euros, ás pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), que sexan titulares de establecementos comerciais abertos ó público antes do 14 de marzo, e que se viran afectados polo peche.
  • Unha contía fixa de 200 euros ós traballadores autónomos que sen estar afectados polo peche de establecementos se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por circunstancias relacionadas coa Covid-19, sempre que tiveran solicitado e concedido a prestación por cese de actividade.
  • Unha contía fixa de 200 euros ós traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un expediente de regulación de emprego en calquera das súas modalidades, sempre que non se tivese chegado a acordo co empregador para completar o 100 % da base reguladora.
  • Unha contía fixa de 200 euros ós traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido por parte do seu empregador por causas técnicas, organizativas ou da produción.
  • Unha axuda de 200 euros ós traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado por inactividade da empresa debido a circunstancias relacionadas coa Covid-19.

O prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas será de trinta días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal e as solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, xuntando o modelo normalizado de solicitude oficial.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...