HomeTerra de LemossanidadeCIG-Saúde denuncia a adxudicación de dúas prazas a dedo no Hospital de...

CIG-Saúde denuncia a adxudicación de dúas prazas a dedo no Hospital de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Na última OPE de facultativos colleu praza no servizo de admisión un médico de Vigo. Segundo a CIG Saúde, este facultativo non chegou nunca a incorporarse ao hospital de Monforte, porque se lle concedeu unha comisión de servizo e marchou para Vigo.

Sinalan desde o sindicato que acto seguido sae convocatoria desta praza como reserva de praza, “Dita praza cóllea outro facultativo que tampouco chega a pisar o noso hospital, sona todo un pouco raro, non? Este facultativo substituíse hai case dous anos cun enfermeiro nomeado a dedo, sin ningún tipo de requisito nin proceso selectivo.”

Segundo a CIG Saúde substituíuse un facultativo por un enfermeiro sen pasar ningún tipo de proceso selectivo. E agora aseguran que hai outro facultativo que vai quedar en Lugo por un motivo persoal, pero si denuncian é que se vai cubrir a praza do mesmo xeito que a anterior; o que supón falta de transparencia ao non pasar o proceso selectivo correspondente.

A CIG Saúde asegura que “para rematar a desfeita estas dúas persoas son contratadas, e decir non teñen plaza en propiedade, co cal se lles está blindando un contrato de por vida ata que a xerencia decida. E ainda mais é un agravio comparativo para todo o persoal do hospital que ten a súa praza xa que non poden acceder a estas prazas de ningún xeito, nin a través de acomodos internos, nin por medio dun proceso selectivo.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...