Terceiro falecido por coronavirus no Hospital Comarcal de Monforte

Na pasada xornada producíronse numerosas altas de pacientes hospitalizados por Covid19, o Hospital Comarcal de Monforte deu 9 altas.

Entrada principal do Hospital de Monforte / XdL

O pasado día 2 de abril coñecíase que o Covid19 deixaba unha nova vítima na zona sur de Lugo. O falecido foi un home de máis de 90 anos do concello de Taboada que estaba hospitalizado por complicacións previas. Era a segunda morte, despois do falecemento, a semana anterior dun veciño de Chantada de 89 anos. Nesta ocasión, o terceiro falecido neste centro hospitalario é un home de 78 anos.

Os datos de casos activos na provincia mantéñense en 56315 na UCI, un máis ca onte (4 deles na UCI do Hospital Público da Mariña, o reto na do HULA). Dos pacientes confimados, 65 en hospitalización, 15 menos ca onte, día no que se produciron moitas altas, (18 deles no Hospital Público da Mariña, 9 no Hospital Público de Monforte, 8 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). 483 casos activos para o confinamento en domicilio (16 máis ca no día de onte, no que había 467). Na provincia lévanse producido 16 falecementos por Covi19 e 57 altas (16 máis ca onte).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here