HomeTerra de LemossanidadeSeguen as concentracións os martes no Hospital de Monforte, a pesar do...

Seguen as concentracións os martes no Hospital de Monforte, a pesar do anunciado Plan Funcional

Desde a CIG Saúde aseguran que o Plan non recolle ningún aumento de persoal para o Hospital e a inversión real neste ano será, únicamente de 200.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

Para a CIG Saúde, que non se tivera invitado á Xunta de Persoal á presentación do Plan, durante a visita do Conselleiro, é unha falta de respecto e cren que se lle puido ter presentado aos traballadores do hospital.

Segundo o sindicato, este tipo de anuncios e visitas a semanas das eleccións, restan credibilidade aos anuncios que se fan e insisten en que para esto ano, a inversión real aprobada para o Hospital de Monforte é de 200.000 euros. Lamentan que non se dean prazos para todas as obras anunciadas, nin datas de cando se van facer.

As ampliacións das habitacións e facelas individuais cren que diminuirá o número de camas do hospital, e sospeitan que poida ser o anticipo dun intento de redución de persoal. Ao respecto do persoal, lamentan que o Plan Funcional non contemple ningún aumento de persoal e que non se estabilicen aos especialistas que hai.

ÚLTIMAS

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...