HomesociedadeCor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

O Concello colabora estreitamente coa AECC a través da cesión de 3 locais para a delegación de Monforte, desde os que esta Asociación presta atención e asistencia a pacientes oncolóxicos e familiares, e tamén na organización da Carreira e Andaina contra o Cancro que se celebra todos os anos en setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do Día Mundial contra o Cancro que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC). Acompañaron a conmemoración e a lectura do manifesto o alcalde e membros do equipo de goberno, ademais de veciñas e veciños de Monforte

O Día Mundial contra o Cancro conmemórase todos os anos o 4 de febreiro. Con tal motivo, a Delegación monfortina da AECC instalou unha mesa na rúa Cardeal desde as 10.30 horas para informar sobre a campaña e facer difusión de todos os servizos que ofrecen. Así mesmo, desde o Concello de Monforte procederase a iluminar esta noite a Torre da Homenaxe coa cor verde en recordo desta data.

O Alcalde José Tomé reafirmou o compromiso “firme e constante” do seu Equipo de Goberno coa Asociación Española contra o Cancro, “xa que desenvolve unha importante labor de investigación e asesoramento en relación cunha enfermidade que, desgraciadamente, está moi estendida na nosa sociedade”. En España, hai 2,2 millóns de persoas con algún tipo de cancro e cada ano diagnostícanse case 300.000 novos casos, unha tendencia que vai á alza, debido entre outros factores ao envellecemento da poboación e aos hábitos de vida menos saudables.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...