InicioEconomíaPrograma de axudas para a contratación de mulleres

Programa de axudas para a contratación de mulleres

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar o programa ‘Emprega Muller’ para incentivar a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que con este programa, Emprega Muller, subvenciónase a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, a  transformación de contratos temporais en indefinidos -que deberán de ser a tempo completo-, e os contratos indefinidos a tempo parcial nos cales se produza un incremento do horario para acadar a xornada a tempo completo.

En canto ao importe das achegas, as contratacións indefinidas están subvencionadas con 12.000 euros e as contratacións temporais, cunha duración mínima de 12 meses, con 6.000 euros. Os importes incrementaranse nun 25% nos seguintes casos: cando o centro de traballo estea situado nun concello rural, se a muller contratada é unha emigrante retornada, se ten máis de 45 anos, se a empresa ten máis de 50 traballadores/as e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% ou a actividade da empresa solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Primarase con 4.000 euros a transformación de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada a tempo completo con 2.000; e tamén se ofrece un bono formación dirixido a mulleres contratadas ao abeiro desta orde para accións formativas que melloren os coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo. O bono, neste caso, será de 4.000 euros para contratacións indefinidas e 2.000 por os contratos temporais con duración mínima de 12 meses.

Os incentivos á contratación están cofinanciados polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e o prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 30 de setembro, dispoñendo cada beneficiario/a de dous meses dende a sinatura ou transformación do contrato. Para aquelas contratacións que se concretaran entre o 1 de outubro de 2018 –ao peche da anterior convocatoria- e a publicación desta nova orde, o prazo remata o 25 de xuño.

ÚLTIMAS

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...