HomeCulturaAida Menéndez, 20 anos loitando polos Camiños de Santiago polo sur de...

Aida Menéndez, 20 anos loitando polos Camiños de Santiago polo sur de Lugo

O colectivo Segredos de Pantón entrevista na colaboración deste mes a esta activista cultural que, dende a ‘Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra-Camiño de Inverno’, pon en valor os itinerarios de peregrinación que pasan por estas terras.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

O pasado 27 de abril tiña lugar en Monforte unha interesante xornada de celebración dos 20 anos desta asociación. Entre outras actividades fíxose presentación no Centro do Viño da Ribeira Sacra da 2ª edición da Guía do Camiño de Inverno a Santiago e o concerto de Amancio Prada na Igrexa dos Escolapios. Todo un éxito, agás a placa conmemorativa que non se puido poñer en Monforte por falta de entendemento entre asociación e concello.

A placa ‘da discordia’ / XdL
Presentación da 2ª edición da Guía do Camiño de Inverno a Santiago. Aida con Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura da Xunta e con Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria / XdL

En calquera caso, os nosos colaboradores de Segredos de Pantón cadraron acon Aida e tiveron a ben facerlle esta entrevista para poñer en valor o traballo da asociación en xeral e dela en particular.

A partir de cando comezouse a tentar promover e defender esta variante de peregrinación a Santiago?

En 1999 naceu a “Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra-Camiño de Inverno”, chamada así dado que en Monforte de Lemos confluían 3 variantes de camiño a Santiago, para promover os camiños de Santiago polo sur de Lugo. Logo este colectivo en 2004 abriuse ao público en xeral, anteriormente só podían pertencer os concellos do sur da nosa provincia, e nese mesmo ano publicamos a 1ª guía sobre esta vía no sur de Lugo. A partir desta, noutras zonas onde pasaba o Camiño de Inverno tamén publicaron sendas guías oficiais. Na actualidade temos máis de 500 asociados e xa é unha vía de peregrinación oficial e recoñecida.

Sábese dende cando se comeza a optar por esta vía de peregrinación?

As referencias máis antigas que se coñece desta vía de peregrinación é un documento de 1566 sobre a ponte de Barxa de Lor entre a Pobra de Brollón e Quiroga que falaba sobre a necesidade de arranxar a ponte dada a gran afluencia de peregrinos. Ademais, posteriormente, no ano 1671 esta vez mencionando a ponte de Vilaverde en Quiroga.

Aida Menéndez nunha das súas accións dinamizadoras do Camiño de Inverno. Fonte. A.M.

No camiño francés a Santiago dise que moitas aldeas e vilas naceron á marxe do propio camiño, dáse algún caso no camiño de inverno pola Ribeira Sacra? 

En realidade, en ningún Camiño de Santiago vilas e cidades naceron deste primeiro porque as vías eran empregadas non só polos peregrinos senón por todas as persoas do entorno. A maiores debemos de entender que estes medios de comunicación aproveitaban os servizos das cidades e vilas xa existentes

Algún monumento ten símbolos amosando que se atopa ao carón do Camiño de Inverno? 

Hai diversos monumentos que se poden asociar perfectamente a esta vía. Un deles é o Castelo de Novaes en Quiroga que pertenceu á Encomienda de San Xoán de Xerusalén datado no século XIII. Esta orde protexía os peregrinos nas principais vías e a presenza desta orde, ubicada ao carón do Camiño de Inverno, é un sinal claro. Ademais, en toda a zona temos un gran número de parroquias co santo Santiago, así en Pantón, Santiago de Castillón ou Santiago de Pantón, sen esquecer que na igrexa de San Miguel de Eiré hai unha tala que data do século XV do Santiago peregrino.

Que opinión lle perece que o propio Consorcio da Ribeira Sacra non se preocupe polo Camiño de Inverno e só lle dedique unha páxina secundaria e non o integre os seus mapas?

Dende o comezo estiveron de costas ao noso labor. Recentemente, no ano 2017 solicitamos pertencer ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A día de hoxe aínda estamos a esperar resposta tras ter que aportar numerosa documentación das actividades realizadas en prol do camiño e tamén numerosos documentos. Pensamos que a nosa pertenza ao Consorcio pode ser importante ao poñer en valor un ben patrimonial da nosa zona. Valoramos a importancia do camiño neste entorno ao ser un nexo de numerosos concellos e ser un medio para poder coñecer e desfrutar da verdadeira esencia da Ribeira Sacra, ao descubrir as zonas rurais reservas da nosa tradición e cultura.

Selo de Correos que reproduce a ruta do Camiño de Inverno.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...