HomeEconomíaO Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de...

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O certame busca proxectos innovadores para desenvolver no medio rural e poñer en valor os seus recursos, tendo preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando iniciativas de emprendemento. Este 8 de novembro desde as 10:00h preséntanse ante o xurado, no Parador de Turismo de Monforte, os 10 proxectos que chegaron á final:

  • FRANQUICIAS GOURMET GALLEGO: Abrir tendas de Gourmet Gallego por todo o territorio nacional. Co proxecto poñeranse máis de 400 referencias de produtos galegos de pequenos produtores, en toda xeografía española.
  • GALEGHEEÑO, o GHEE da Ribeira Sacra: O Ghee é un superalimento ancestral con amplas propiedades organolépticas e nutricionais. Só ten 1 ingrediente, o leite de vacas alimentadas 100% a pasto.
  • CASA MUSEO GENIA TRIGO: Proxecto artístico, etnográfico e de dinamización rural. Amplíase o espazo cunha cantina cultural, un espazo destinado a catas, talleres, reunións e experiencias sensoriais.
  • ENSÁCRATE: Deseño, promoción e organización de viaxes de autor e experiencias a medida para visitantes que buscan unha maneira auténtica e respectuosa de coñecer a Ribeira Sacra.
  • O FOGAR DOS SOÑOS. Rehabilitación dunha edificación rural como  Queixaría/Xeadería artesanal e familiar de leite de cabra. Mostrar o proceso de elaboración dos produtos e ofrecer degustacións, visitas e talleres experienciais.
  • ALAMBIQUEIROS DA SACRA TERRA: Destilería profesional na Ribeira Sacra para transformar o bagazo das adegas locais nun aguardente artesanal e certificada.
  • RESPIRO SOSTIBLE: Transformación de residuos vexetais en papel sostible para reducir a deforestación e xerar emprego no rural.
  • LA ESCUELA DEL ORIGEN: Un espazo pioneiro en Galicia de acompañamento a colectivos vulnerables para que poidan reconectar coa súa historia, adquirir ferramentas de vida, recuperar o sentido e construír un novo camiño.
  • PIEL NATURA: Cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia galega para o benestar. Liña de cosmética con extracto de castiñeiro, agora incorporan auga termal galega nos produtos.
  • VIÑALERT: Desenvolvemento e implementación dun sistema de monitorización continua das constantes vitais das vides, enfocado especialmente na análise dos nutrientes do solo e da planta.

O fallo do xurado darase a coñecer na mesma xornada do 8 de novembro, despois da cea e gala de entrega de premios desta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Contarase coa asistencia da directora xeral de AGADER, Mª Paz Rodríguez, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, deputados nacionais, autonómicos e provinciais, representantes das universidades e dos concellos e empresas que colaboran co Concurso.

Nesta edición, ademais dos premios económicos, ofréceselles aos proxectos finalistas a participación nun programa de asesoramento estratéxico. Esta formación para os proxectos finalistas interesados conta co financiamento de AGADER. Así os premios desta edición son os seguintes:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €
  • Plan de Formación para os finalistas que manifestaron o seu interese en participar deste programa de asesoramento que se desenvolverá no primeiro semestre do 2026.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...