HomePolíticaPosible infracción electoral da oficina de correos da Pobra do Brollón

Posible infracción electoral da oficina de correos da Pobra do Brollón

O BNG deste concello pide á Xunta electoral que se abra unha investigación por presunto envío irregular de material electoral depositado polo PP nesta delegación de Correos fóra do prazo permitido pola lei electoral.

Publicado o

- Advertisement -

A formación nacionalista da Pobra do Brollón vén de denunciar ante a Xunta Electoral de Zona, en Monforte de Lemos, un posible delito electoral cometido presuntamente dende a Oficina de Correos desta localidade.

Ricardo Rodicio, responsable comarcal do BNG, explica que “detectamos que se comezaba a facer un envío de propaganda do partido popular que foi depositada na oficina de correos o día 22 de maio, cando o prazo máximo establecido para facer os depósitos de material de propaganda electoral nas oficinas de correos remataba o pasado 16 de maio”.

Coñecidos estes feitos, os nacionalistas da Pobra procederon a solicitar formalmente á Xunta Electoral de Zona que se investigue aos responsables do envío e se dea apertura dun expediente sancionador tendo en conta que o envío devandito pode ser constitutivo dunha infracción electoral.

Para o BNG  “é fundamental que a Xunta Electoral faga un requirimento formal a Correos para que se depuren responsabilidades ante un feito tan grave e propio de épocas predemocráticas”.

o bng de chantada de mitin

Os nacionalistas de Chantada, que se presentan con renovadas forzas e unha intensa campaña electoral ao lombo, apuran ás últimas horas deste 24 de maio para celebrar o acto público de presentación da candidatura.

Será na Casa Sindical de Chantada ás 21:00 h. e no acto intervirá Olalla Rodil, Deputada do Parlamento Galego, os candidatos/as Eva Fernández, Cecilia Diéguez e Manuel Moure. A quenda final corresponderalle ao candidato á alcaldía de Chantada, André Sánchez.

En edicións anteriores Xornal de Lemos xa avanzou trazos do seu proxecto.

Foto de grupo. BNG Chantada

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...