HomePolíticaO BNG quere recuperar o seu espazo en Chantada

O BNG quere recuperar o seu espazo en Chantada

Veñen de presentar a candidatura para as vindeiras eleccións municipais, con André Sánchez Labandeira como cabeza de lista, claras intencións de volver a ter presenza no concello e traballar por unha mellor xestión dos intereses das chantadinas e dos chantadinos.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a formación nacionalista indican que presentan unha lista moi renovada que combina experiencia e xuventude, con persoas militantes ou independentes, pero todos e todas convencidos/as de que Chantada precisa dun espazo para a voz do nacionalismo que representa o BNG.

Os problemas que queren afrontar para darlles solución son, entre outros, a perda de actividade económica no sector primario, o despoboamento das zonas rurais, o avellentamento da poboación, o retroceso da lingua e da cultura que nos identifica como pobo, a falta de servizos básicos nas parroquias como a traída de auga potable ou a rede de sumidoiros e tamén a recuperación da zona vella da vila.

Os integrantes da lista para as municipais do 26 de maio son:

1.- André Sánchez Labandeira, profesor de ensino medio no IES Lama das Quendas de Chantada.

2.- Manuel Moure Montes, gandeiro de San Miguel do Monte.

3.- Cecilia Diéguez Fociños, de S. Vicente de Argozón; técnica de Integración Social e estudante de Socioloxía.

4.- Ana Lage Cagide, asalariada, de Chantada.

5.- David Vázquez Vázquez, realizador, director e viticultor.

6.- Iago Suárez Fernández, estudante de Tradución e Interpretación.

7.- Helena González Doval, filóloga.

8.- Eva Fernández Sánchez, estudante de Publicidade.

9.- Manuel Pérez Moure, estudante e futbolista.

10.- Xosé Díaz Taboada, pensionista.

11.- Miriam Blanco Fernández, estudante.

12.- Teresa Blanco Fernández, enfermeira.

13.- Laureano Fernández Carballo, arqueólogo e especialista en numismática.

SUPLENTES

1.- Xesús Amboage García, profesor de Lingua Galega.

2.- Eva María Vázquez Pérez, veterinaria.

André Sánchez Labandeira

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...