HomesociedadeO 061 pide prudencia ante a festividade do San Xoán

O 061 pide prudencia ante a festividade do San Xoán

No 2018 este servizo interviu en máis de 55 intoxicacións etílicas.

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, o 061, pediulle prudencia aos cidadáns durante a festividade do San Xoán este domingo día 23, onde se poden producir incidentes coas fogueiras e o alto consumo de alcol é un factor de risco.

O 061 reforzará o seu plantel no Centro de Coordinación durante as horas clave desta festividade, debido á gran cantidade de incidentes que se producen durante esta noite máxica. Por exemplo, no ano 2018 o 061 atendeu 55 intoxicacións por alcol ou drogas, 10 accidentes de tráfico con 21 persoas impplicadas, 9 queimaduras relacionadas coas fogueiras e 27 incidentes leves, como caídas ou mareos.

Co obxectivo de evitar incidentes, o 061 fai unha serie de recomendacións. En primeiro lugar, para prender as cacharelas non deben utilizarse líquidos inflamables nin acelerantes, e é recomendable ter sempre a man extintores ou augas. Cómpre vixiar a dirección do vento e escoller correctamente o lugar no que se vai prender. Para saltar as fogueiras deben evitarse as prendas de roupa sintéticas e optar, preferiblemente, polas de algodón. No caso de que prenda lume non corra, tírese ao chan e revólquese ata que se apaguen. Se algunha persoa sofre queimaduras é importante chamar ao 061 canto antes e, sobre todo, non debe utilizarse o automóbil en caso de ter consumido alcol ou drogas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...