HomesociedadeGran expectación en Monforte polo regreso da tirolina

Gran expectación en Monforte polo regreso da tirolina

O Centro Comercial Urbano agasallará con viaxes de balde nesta atracción aos clientes que merquen no comercio local.

Publicado o

- Advertisement -

Para dinamizar o comercio local calquera opción atractiva que repercuta nas vendas vai ser sempre benvida polos comerciantes. E así pasou o pasado ano, cando a directiva do CCU apostou por traer algo grande, algo que chamase a atención e tivese ese toque de ‘espectacularidade’ que tanto lle gusta aos monfortinos e ás monfortinas.

A aposta foi traer unha megatirolina que atravesaba, no seu percorrido, a explanada da Compañía a varios metros de altura sobre o chan. Os seus cartos custaría pero quedou claro que espertou a curiosidade e o interese por vivir emocións fortes e a experiencia de sobrevoar un dos lugares máis emblemáticos de Monforte.

Todo un éxito e un tanto que se marcou a xerencia do CCU de Monforte pois notouse nas vendas dos días que durou a campaña e os participantes na atracción tamén gozaron e quedaron con ganas de máis.

Con estes antecedentes non era de estrañar que a tirolina volvese á cidade do Cabe para goce dos que quedaron con ganas de repetir e para aproveitar o tirón comercial que provoca no consumo dos establecementos locais.

Esta atracción e dúas complementarias -rocódromo e circuíto multiaventura- estarán preparadas para os máis aventureiros/as entre os días 25 de xullo e 3 de agosto. As entradas só se poderán conseguir facendo unha compra mínima de 10 euros nalgún dos máis de 150 comercios asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

Cada entrada dá acceso de balde a unha soa actividade, tirolina, rocódromo ou circuíto multiaventura e o horario para acceder é de 10:00 a 13:00 polas mañás e de 19:00 a 24:00 h. polas tardes-noites.

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...