HomeMedio ambiente e PatrimonioActivada a alerta amarela para este luns nas comarcas de Lemos, Quiroga...

Activada a alerta amarela para este luns nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este luns a alerta amarela na provincia de Ourense e no sur de Lugo debido ás altas temperaturas. Os avisos permanecerán activados entre as 13,00 e as 20,00 horas deste luns e os termómetros alcanzarán os 36 graos na zona sur da provincia de Lugo, nas comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada.

Por outra banda, as zonas ourensás do Barco de Valdeorras, Miño e o sur da provincia tamén estarán este luns en alerta amarela con máximas temperaturas de 36 graos entre as 13,00 e 20,00 horas.

A nivel nacional, os avisos meteorolóxicos por risco de altas temperaturas a principios da semana continuarán e activarase a alerta laranxa en zonas de Zaragoza, Huesca, Navarra, A Rioxa, Lleida, Xaén, Cáceres, Badaxoz e Toledo.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...